- A homenaxe en alumnos dos colexios de Baño e Ferro Couselo, do IES de Valga, da Escola de Música e do Centro Superior de Música
- O evento contou coa presenza do alcalde, a directora xeral de Formación Profesional da Xunta e representantes da comunidade escolar
Valga, 12 de xullo de 2024.
Os estudantes dos centros educativos valgueses cos mellores expedientes académicos do curso 2023-2024 recibiron onte unha homenaxe por parte de Concello. O acto, que se celebrou no Auditorio Municipal, contou coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, directores dos centros educativos do municipio, representantes das ANPAs e familiares dos alumnos recoñecidos.
Os galardóns aos mellores expedientes de Educación Primaria recaeron en Sandra Calvo Caamaño, do CEP Xesús Ferro Couselo, e Roque Devesa Varela, do CEIP Baño-Xanza. En Educación Secundaria Obrigatoria foron recoñecidos Ana Castroagudín Troáns e Jesús Lafuente Bello, mentras que en Bacharelato os mellores expedientes foron os de Lucas Fernández López, na rama de Ciencias e Tecnoloxía, e Mateo García Piñeiro, na especialidade de Humanidades e Ciencias Sociais.
En Formación Profesional Básica, na especialidade de Agroxardinaría e composicións florais, a alumna máis brillante foi Saray Suárez Hermida. No Ciclo Básico de Fabricación e montaxe, o recoñecemento recau en Iker Iglesias Precedo, e no Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría o mellor expediente do curso que acaba de rematar foi o de Lucas Martínez Beltrán. Para rematar coa FP, no Ciclo Superior de Construcións Metálicas o homenaxeado foi Diego Otero Moraña.
No referido á ensinanza musical, os alumnos da Escola Municipal de Música cos mellores resultados académicos do Grao Profesional foron Ainhoa Valiño Valiño, na especialidade de saxofón, e Darvin Villar Gens, na especialidade de Trompeta, e no Grao Superior a recoñecida foi Antía Villar Rey, na especialidade de Músicoloxía. Por último, a estudante máis sobresaínte do Centro Superior de Música foi Lucía Lugrís Casares, na especialidade de frauta travesa.
Os galardoados recibiron un diploma, una placa conmemorativa e unha tablet aportada pola Consellería de Educación. Este ano tamén foron agasallados por dúas empresas asentadas en Valga cun senllos vales para unha xornada no kartódromo e unha ruta de kaiak polo río Ulla. O alcalde, José María Bello Maneiro, agradeceu ao Kartódromo e a Galipark a súa colaboración para que estes mozos brillantes poidan “desfrutar de actividades de lecer como recompensa ao traballo”. O rexedour transmitiulles os parabéns porque “sentímonos moi orgullosos de ter este talento en Valga” e auguroulles máis éxitos futuros, xa que “isto só é un punto e seguido na vosa formación”.
Na mesma liña, a directora xeral indicou que “debemos aproveitar e poñer en valor o talento que temos en Galicia”. Ademais, como responsable de Formación Profesional dentro da Consellería de Educación, subliñou “a importancia que está a acadar a FP en Valga, cunha oferta cada vez máis ampla e adaptada á rede de empresas asentadas neste concello”. É por iso que, concluíu que “en Valga hai talento e tamén moitas posibilidades de empregabilidade”.
En representación da comunidade educativa falou Miguel Fernández, director do CEP Xesús Ferro Couselo. “Este recoñecemento é máis que merecido, polo traballo e rendemento destes alumnos”, dixo ao tempo que resaltou a importancia “das familias que poñen a educación e formación dos seus fillos como prioridade”.
Os estudantes homenaxeados tamén tomaron a palabra para agradecer aos seus mestres, familias e compañeiros o apoio que lles brindaron para acadar tan bos resultados académicos.
A gala contou coas actuacións musicais de Lucía Lugrís, Darvin Villar e Ainhoa Valiño.