Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto inclúe a ampliación da estrada e a continuación das beirarrúas e sendas peonís para garantir a seguridade

- Tamén se canalizarán os servizos, instalando tubaxes para augas pluviais, saneamento e alumeado

ObrasParqueEmprCampaña

Valga, 9 de xullo de 2024.

A área empresarial de Campaña e Xanza afronta novas melloras nas súas infraestruturas viarias. O Concello vén de licitar, por 149.912 euros, un proxecto para continuar dotando a esta zona, que acolle a seis grandes empresas valguesas, de estradas adecuadas ao desenrolo da actividade industrial e con condicións que garantan a seguridade tanto para o importante tráfico de mercadorías e vehículos pesados como para os peóns e o elevado número de turismos nos que se desprazan os preto de 2.000 empregados destas factorías.

Con este obxectivo, o Concello iniciou hai anos un plan de adecuación dos accesos e vías de circulación do parque empresarial, do que xa se levan executadas varias fases. Agora avanzarase un chanzo máis a grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria, no marco dunha liña de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia.

As obras retomaranse no punto no que rematou a anterior actuación, á altura das instalacións de Intavalsa e afectarán a un tramo de máis de medio quilómetro ata a ODL. Ampliarase o ancho da estrada, crearanse beirarrúas e un tramo de senda peonil de xabre e instalaranse novas tubaxes para abastecemento, recollida de augas pluviais e soterramento da liña do alumeado público.

O concurso público para adxudicar os traballos admite ofertas ata o día 31 de xullo.

Volver