Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- José Manuel Otero “Camaño”, responsable da agrupación valguesa, e José Ferro recolleron o equipamento na Academia Galega de Seguridade

- O kit inclúe conos reflectantes, balizas luminosas para sinalizacións nocturnas e unha mampara de protección visual, entre outros elementos

MaterialPC1

Valga, 5 de xullo de 2024.

O responsable de Protección Civil de Valga, José Manuel Otero “Camaño”, e outro dos integrantes da agrupación, José Ferro, foron os encargados de recoller onte o novo material aportado pola Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, nun acto que tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.

O equipamento recibido é un kit de material loxístico para a seguridade viaria que inclúe quince conos reflectantes, catro lanternas, un trípode extensible antivento para a colocación de sinais provisionais de tráfico e un lote de dez sinais. Entre o novo material recibido pola agrupación valguesa tamén se atopa un maletín con dez balizas sincronizables con luz estroboscópica para a sinalización de emerxencias nocturnas ou en condicións de pouca luz e, por último, unha mampara de protección visual plegable.

A entrega foi realizada polo conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.

MaterialPC2 MaterialPC3

Volver