Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade é organizada polo club Río Ulla, coa colaboración do Concello, co obxectivo de fomentar este deporte entre os máis novos

- Os rapaces realizan xogos e actividades lúdicas relacionadas coa canastra

EscolaBaloncesto24 1

Valga, 3 de xullo de 2024.

Un grupo de case corenta nenos e mozos participan dende esta semana na Escola de Verán de Baloncesto, promovida polo club Río Ulla coa colaboración do Concello. As sesións de adestramento, que se desenvolven no pavillón municipal de Baño, comezaron o martes e prolongaranse ata finais do mes de agosto.

“O obxectivo é ofrecer aos rapaces durante o verán alternativas relacionadas coa actividade deportiva para motivalos a practicar,  neste caso baloncesto, pero tamén outras disciplinas e evitar o sedentarismo, cada vez máis estendido entre os nenos”, destaca Serafín Maneiro “Finso”, directivo e adestrador do club Río Ulla. “O importante é que fagan deporte e estean activos”, engade.

Participan rapaces de idades moi dispares, de entre 7 e 13 anos, “algúns xa levan anos xogando ao baloncesto de forma federada, pero outros é a primeira vez que collen un balón” e con eles desenvolverase un traballo de iniciación para que coñezan este deporte e se afeccionen a el.

EscolaBaloncesto24 2 EscolaBaloncesto24 3

Volver