Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- José Ferro Castro e Juan Jesús Santalla Castiñeiras foron os voluntarios condecorados

- A entrega dos distintivos tivo lugar o sábado nun acto ao que asistiu o concelleiro de Seguridade, Álvaro Fernández

DistintivosPC24 1

Valga, 1 de xullo de 2024.

Dous membros de Protección Civil de Valga recibiron esta fin de semana senllos distintivos de permanencia na agrupación, cos que a Xunta de Galicia recoñece o labor que veñen desenvolvendo durante máis de 25 anos. Os homenaxeados foron José Ferro Castro e Juan Jesús Santalla Castiñeiras.

O acto de entrega tivo lugar o sábado na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, coa asistencia do concelleiro de Protección, Civil, Seguridade e Interior, Álvaro Fernández, e do responsable da agrupación de Protección Civil de Valga, José Manuel Otero González “Camaño”.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi o encargado de entregar os distintivos e na súa intervención destacou o labor que realiza Protección Civil para garantir o benestar e a seguridade da poboación. “Creo que temos moitas razóns para estar orgullosos da nosa Protección Civil”, sinalou o máximo responsable autonómico, que estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

DistintivosPC24 2 DistintivosPC24 3

Volver