Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alumnado desta rama de FP verá reforzada a súa formación grazas ao equipamento tecnolóxico de altas prestacións

- O novo espazo tamén permitirá ao estudantes achegarse á realidade dos centros de traballo

iesporfora

Valga, 28 de xuño de 2024.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de outorgar ao IES de Valga 55.000 euros para a creación dun espazo de tecnoloxía aplicada co obxectivo de mellorar a cualificación dos estudantes, permitíndolles a simulación de centros de traballo e contornas laborais reais.

En concreto, o instituto valgués habilitará un espazo multifuncional de robótica aplicada a soldadura, ensaios, automatismos e impresión 3D, tal e como confirmou o seu director, Eliseu Mera. Esta área estará dotada equipamento de altas prestacións e novas tecnoloxías, ademais de ferramentas e elementos que simulan as contornas laborais. Isto dará ao alumnado a posibilidade de empregar metodoloxías propias do sector produtivo ao que se dirixe, e redundará nunha mellora significativa da súa formación.

O obxectivo é reforzar a conexión das ensinanzas de FP coa realidade das empresas e dinamizar a transferencia tecnolóxica entre os centros formativos e o tecido produtivo.

Volver