Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A maior demanda correspondeu ao mes de xullo, con 92 inscritos na Escola de Verán e no Campus Deportivo

- Para o mes de agosto formouse un grupo de 24 rapaces

EscolaVeránWeb

Valga, 26 de xuño de 2024.

Un total de 114 nenos se mozos participarán durante os meses de xullo e agosto nas actividades de conciliación gratuítas organizadas polo Concello: a Escola de Verán, para cativos de 3 a 11 anos, e o Campus Deportivo, para rapaces a partir de 12 anos.

A maior demanda concentrouse no mes de xullo, no que haberá dous grupos: un de 79 inscritos que realizarán actividades educativas e lúdicas no recinto do colexio Baño-Xanza e outro grupo de 13 mozos que participarán no Campus Deportivo, con base na área fluvial de Vilarello. En agosto só se formou un grupo de 22 nenos para a Escola de Verán. As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, agás festivos. O obxectivo é facilitar a conciliación das familias valguesas durante as vacacións escolares.

Admitíronse todas as inscricións realizadas. A lista completa pode consultarse na páxina web do Concello a través da seguinte ligazón: https://www.valga.gal/educacion/novas/4563-relaci%C3%B3n-admitidos-na-escola-ver%C3%A1n-e-no-campus-deportivo-2024 .

A Escola de Verán será un espazo lúdico-formativo no que se desenvolverán actividades coma obradoiros, animación á lectura, baile, contacontos, sesións de cine, xogos ou rutas polo concello, fomentando valores como a igualdade de xénero, o respecto medioambiental, a cooperación e traballo en equipo, entre outros. No Campus Deportivo Fútbol practicaranse disciplinas coma fútbol, baloncesto, tenis, sendeirismo, carreiras de orientación ou atletismo.

 

Volver