Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Case corenta estudantes asistiron durante este curso ás clases de inglés no Auditorio

- O rexedor felicitounos polos bos resultados animou tanto a mozos coma a adultos a seguir participando nesta actividade formativa

DiplomasInglés1

Valga, 21 de xuño de 2024.

Os case corenta alumnos que durante este curso asistiron ás clases de inglés que se impartiron no Auditorio Municipal recibiron onte os seus diplomas, un acto no que participaron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez.

Dende o outono do pasado ano o alumnado, entre os que hai nenos, mozos e tamén adultos, traballou distintas destrezas da lingua inglesa, como gramática, fala e comprensión auditiva, baixo as directrices de María Cobo, do Centro de Idiomas Waterford.

O alcalde aludiu durante o acto á importancia que na actualidade ten o dominio de linguas estranxeiras, especialmente o inglés, por iso animou aos alumnos a continuar perfeccionando este idioma a aproveitar as diferentes alternativas formativas das que dispoñen en Valga. Ademais, fixo un chamamento á veciñanza adulta do concello para que participen tamén nesta actividade, xa que “nunca é tarde para aprender” unha nova lingua.

DiplomasInglés2          DiplomasInglés3

Volver