Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Bello Maneiro estivo acompañado na visita pola concelleira Carmen Gómez e o técnico municipal Santiago Chenlo

- As tres localidades manteñen dende 2016 un acordo de irmandade a través do cal se promoveron actividades culturais e educativas

ValgaValka1

Valga, 11 de xuño de 2024.

O alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira Carmen Gómez, e o técnico municipal Santiago Chenlo participaron nos últimos días nunha viaxe institucional a Valga (Estonia) e Valka (Letonia), convidados polas autoridades das localidades bálticas para participar nos actos de celebración do 440 aniversario da cidade, que ten como principal particularidade que quedou dividida en dous estados cando Estonia e Letonia acadaron a condición de países independentes, a primeira vez trala I Guerra Mundial e, máis recentemente, en 1991, cando se formalizou a súa saída da Unión Soviética.

Dende o ano 2016, Valga e as dúas cidades homónimas do Báltico teñen formalizado un acordo de irmandade en base ao cal se veñen desenvolvendo actividades culturais e educativas conxuntas, así como visitas institucionais entre os tres municipios homónimos, os únicos de Europa que comparten o nome de Valga. A última tivera lugar en 2022, cando una delegación estoniana participou na Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

Nesta ocasión, Bello Maneiro, Carmen Gómez e Santiago Chenlo asistiron ao festival que, baixo o lema, “Unha cidade, dous estados”, celebran cada ano conxuntamente as localidades estoniana e letoa. Un dos actos principais é un desfile, no que o técnico municipal portou a bandeira de Valga. Os representantes do Concello tiveron oportunidade de coñecer ás novas alcaldesas: Monika Rogenbaum, de Valga, e Gita Avote, de Valka. Tamén saudaron aos dous exalcaldes cos que se iniciou o proxecto de irmandade: Kalev Härk e Vents Armands Krauklis.

Na súa estadía, a delegación valguesa tamén tivo oportunidade de coñecer institucións locais, infraestruturas e proxectos da rexión. Por exemplo, visitaron empresas da zona, participaron en actividades culturais, coñeceron puntos de interese turístico e realizaron unha ruta guiada para ver os proxectos de recuperación de edificios e espazos públicos executados nos últimos anos e outros que se están a desenvolver na actualidade. En relación a estas actuacións, participaron nun coloquio sobre como evolucionou a cidade dende a primeira vez que a visitaran, no ano 2016.

Antes do regreso, tivo lugar un intercambio de agasallos institucionais entre os alcaldes dos tres concellos e Bello Maneiro invitou ás rexedoras Estonia e Letonia a asistir á Festa da Anguía e Mostra da Caña do País no mes de agosto.

ValgaValka2 ValgaValka3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver