Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Cadros e pintura sobre tella dunha vintena de participantes poden verse no Auditorio ata finais de mes

- As clases de expresión artística contribúen ao envellecemento activo e ofrecen ofrecen aos asistentes alternativas de ocio

ExpoSénior1

Valga, 4 de xuño de 2024.

As clases de pintura que se imparten dentro do programa Campus Sénior, de envellecemento activo, rematan finais deste mes e, a modo de clausura, os seus participantes protagonizan unha exposición no Auditorio Municipal con algunhas das obras realizados durante os últimos meses.

Son dezaoito os artistas noveis que participan nesta actividade. Esther Pérez, Manuela Eiras, Pilar Rico, Esther Paz, Edelmira Ferro, Joaquín Serén, Tina Frecha, Mª José Losas, Manuel García, Esther Campos, Javier Castiñeiras, Segunda Magariños, Mª Carmen Rodríguez, Lisette Ballesteros, Josefa Cortés, Carmen García, Inés Nieves e Carmen Miguéns son as persoas, veciñas de Valga e tamén doutras localidades da contorna, que aportan traballos á exposición. Para algúns estas son as primeiras obras que asinan, co aliciente que iso supón en canto a sentirse realizados e a comprobar que nunca é tarde para emprender novos retos.

A maioría de traballos son acrílicos e óleo sobre lenzo, aínda que tamén poden verse exemplos de pintura sobre tella.

Durante este curso participaron na actividade de expresión artística, que imparte Ángeles Garrido, unha vintena de persoas. As clases iniciáronse no mes de outubro e contribúen a que os asistentes se relacionen e fagan vida social, se motiven con novas actividades e atopen vías de escape que rachen coa rutina do día a día.

ExpoSénior2 ExpoSénior3

Volver