Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As inscricións para a camiñada poden realizarse ata o día 25 no Concello ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- O percorrido, de 16 quilómetros, pasará por lugares coma o embarcadoiro de Santa Cristina, Vilarello ou as lagoas Mina Mercedes e Porto Piñeiro

 RíoUlla

Valga, 3 de xuño de 2024.

Valga será a encargada de inaugurar a edición 2024 do programa “Goza do Ulla” o vindeiro 29 de xuño, cunha ruta que discorrerá polas telleiras de Vilar, diferentes vestixios do patrimonio mineiro local e outras zonas conectadas co río.

“O Ulla, entre telleiras e outros comercios” é o nome desta andaina, de 16 quilómetros de lonxitude con dificultade baixa. A saída está prevista para as 10:00 horas dende a Mina Mercedes. Percorrerase a parte máis baixa do concello, nas parroquias de Campaña e Cordeiro, visitando lugares estreitamente relacionados co río, coma o embarcadoiro de Santa Cristina, emprazado no lugar no que se atopaba o vello porto de carga e descarga da empresa Novo y Sierra, e vencellado tamén coa antiga liña de vagonetas aéreas na que se transportaban materias primas e produtos cerámicos. 

A ruta continuará pola área fluvial de Vilarello e as telleiras de Roeiro e Padín, e pasará tamén pola capela de San Paio de Vilar e a igrexa de Santa Comba de Cordeiro. A parte final da camiñada achegarase ás lagoas Porto Piñeiro, na que o Concello está a desenvolver un proxecto de recuperación ambiental, e Mina Mercedes..

O prazo de inscrición está aberto ata o día 25 de xuño. As persoas que queiran participar deben cubrir a folla de inscrición e entregala no Concello ou enviala ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O programa “Goza do Ulla” é un proxecto co que os vinte concellos bañados polas augas deste río promocionan o turismo fluvial e de natureza e poñen en valor o valioso patrimonio natural e cultural existente ao longo dos 130 quilómetros do cauce.

Folla de inscrición

CartelGozadoUlla

Volver