Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Cincuenta e cinco músicos de entre 12 e 17 anos integraron a agrupación pontevedresa, que abriu a actuación en solitario

- Despois sumouse a ela a Banda de Valga para intepretaron conxuntamente varios temas

BandasPontevedraValga1

Valga, 2 de xuño de 2024.
A Banda do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra e a Municipal de Valga protagonizaron na tarde do venres un concerto no Auditorio.

A agrupación pontevedresa foi a encargada de interpretar boa parte do repertorio, dirixida por Miguel Dopazo. Esta banda está integrada por 55 músicos de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, que tocan instrumentos de vento-madeira, vento-metal e percusión. Ofreceron un catálogo de temas “que intentamos que fose o máis variado posible xa que a finalidade desta agrupación é cen por cento formativa e, así, os alumnos poden aprender os distintos estilos. Por iso, ademais do repertorio para banda, tamén se incluíron pasodobres e zarzuelas”, explicou o director.

Os temas que soaron no Auditorio foron: “La entrada”, de Quintín Esquembre; “Overture to a new Age”, de Jan de Haan; a romanza “No puede ser” da zarzuela “La tabernera del puerto”, con Sara García como solista co filscorno; “The lord of the rings”, de Johann de Meij; a romanza “Bella enamorada” de “El ùltimo romántico”, co solista Martín Doce co bombardino; “Rapsodia galega”, de Enrique García Rey; e “Tercio de quites”, de Rafael Taléns.

Para pechar a actuación, subiu tamén ao escenario a Banda Municipal de Valga e ambas agrupacións interpertaron xuntas “Miniaturas para banda”, de Rita Defoort, e “Ammerland”, de Jacob de Haan.

BandasPontevedraValga2 BandasPontevedraValga3

BandasPontevedraValga4

Volver