- Pintaron un debuxo da diva da Belle Époque e decoraron o seu vestido con adhesivos
- Tamén trataron de imitar os bailes que fixeron trunfar á bailarina valguesa
Valga, 30 de maio de 2024.
Os cativos da Escola Infantil Municipal participaron nunha visita ao Museo da Historia a través da que coñecer a un dos persoeiros máis sobranceiro da historia de Valga: a Bella Otero.
Os alumnos e as súas mestras foron recibidos no Museo polo técnico Santiago Chenlo e polo concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, cos que realizaron actividades lúdicas centradas na bailarina da Bellle Époque. Pintaron un debuxo de Carolina Otero e decoraron o seu vestido con adhesivos de diferentes cores e formas.
Tamén viron un pequeno vídeo cunha actuación da Bella Otero para, despois, imitar os seus bailes.
Tralo paso polo Museo, os raparigos desprazáronse ata o Parque Irmáns Dios Mosquera para seguir realizando xogos.