Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Araceli González e Cruz Eiras foron designadas en marzo polo Pleno para continuar á fronte do Xulgado

- O servizo préstase de 8:30 a 14:30 horas no Edificio de Usos Administrativos

NomeamentoXuiza1

Valga, 30 de maio de 2024.

O Xulgado de Paz acolleu a toma de posesión das xuízas titular e suplente para os vindeiros catro anos.

Araceli González Sánchez e Mª Cruz Eiras Isorna foron designadas polo Pleno, na sesión celebrada no mes de marzo, para continuar exercendo os seus respectivos cargos que levan desempeñando dende hai 12 e 16 anos, Araceli González coma xuíza titular e Cruz Eiras coma suplente.

A toma de posesión consistiu na sinatura da acta remitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un acto que tivo lugar no Edifico de Usos Administrativos en presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, o secretario do Concello e o secretario xudicial.

As funcións do Xulgado de Paz inclúen dende a celebración de actos de conciliación entre veciños que teñen algún tipo de conflito ata o oficio de matrimonios civís. Tamén se ocupa do Rexistro Civil (nacementos, defuncións, etc.). Presta atención ao público en horario de 8:30 a 14:30 no edificio administrativo, situado na Praza Manuel Vicente Cousiño.

NomeamentoXuiza2

Volver