Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A camiñada comezou xunto ao albergue que, ademais, tiveron ocasión de visitar

- En San Miguel pararon a merendar xunto á igrexa e selaron as súas credenciais

PeregrinosCRA1

Valga, 27 de maio de 2024.

Os alumnos do CRA mesturáronse esta mañá coas ducias de peregrinos que se dirixiren a Santiago e percorreron parte da etapa valguesa do Camiño Portugués, dende a zona de O Pino ata San Miguel. Os cativos, arredor de noventa, tomaron a saída xunto ao albergue no que, ademais, tiveron ocasión de entrar. Percorreron algunhas das súas estancias para coñecer como descansan os peregrinos ao rematar cadansúa etapa da ruta cara a Compostela.

Dende a pousada, situada á beira da estrada nacional, os pequenos camiñantes adentráronse nun dos tramos máis fermosos da ruta portuguesa, por sendeiros forestais ata chegar á área de descanso de Chenlo. Alí fixeron unha primeira parada para coller folgos e continuaron ata a igrexa de San Miguel, onde merendaron e aproveitaron para selar as súas credenciais.

Durante o traxecto, os cativos, algúns levando a tradicional concha de vieira, compartiron experiencias e momentos con outros peregrinos, aos que desexaron “bo Camiño”.

Unha vez cumprida esta tradicións, continuaron camiñando cara a Pontevalga, onde gozaron de tempo libre no Parque Irmáns Dios Mosquera.

PeregrinosCRA2 PeregrinosCRA3

PeregrinosCRA4

Volver