Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ademais desta actuación, os aprendices tamén melloraron o parque infantil da Mina Mercedes e empedraron unha ponte no Parque Dios Mosquera

- O Obradoiro Xóvenes II concluíu as súas actuacións en Valga e agora toman o relevo os aprendices do proxecto Ulla-Umia VII

ObradoiroCampoBaño1

Valga, 21 de maio de 2024.

O módulo de albanelería do Obradoiro de Emprego Xuvenil, que desenvolven conxuntamente os concellos de Valga e Moraña, concluíu nestes días as obras de acondicionamento dun local situado baixo as bancadas do campo de fútbol municipal de Baño.

Os aprendices, mozos menores de 30 anos, desmontaron a madeira que cubría as paredes, o teito e o piso, no que realizaron un recrecido para deixalo a nivel e poder colocar a plaqueta.

Tamén puxeron ladrillo nas paredes que, despois, recebaron con morteiro e luciron con xeso. A actuación neste local tamén incluíu a colocación de falso teito.

Ademais desta obra, os alumnos da especialidade de albanelería tamén actuaron no parque infantil da Mina Mercedes, mellorando o pavimento na área destinada aos máis cativos. Realizaron unha soleira de formigón sobre a que asentar as bases dos diferentes xogos e, sobre ela, estenderon unha capa de 30 centímetros de area e pecharon a zona cun bordo rematado con madeira.

Outra das obras que realizaron durante a súa formación en Valga desenvolveuse no Parque Irmáns Dios Mosquera, co empedrado do arco de formigón da ponte sobre o río Valga.

Este obradoiro rematou xa as prácticas no noso concello. Toman agora o relevo os participantes no proxecto Ulla-Umia VII, no que están a formarse 20 persoas desempregadas nas especialidades de carpintería e forestais.

ObradoiroCampoBaño2 ObradoiroCampoBaño3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver