Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Un concerto da Banda, xantar, sorteo de agasallos e baile deron ambiente ao recinto do colexio Ferro Couselo

- O xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar acompañou ao alcalde e ao goberno municipal

Maiores24 1

Valga, 19 de maio de 2024.
Máis de 580 valgueses reuníronse durante a xornada de hoxe na festa que o Concello dedica anualmente aos veciños maiores de 65 anos. Nesta edición, a número vinte e seis, a celebración tivo lugar no recinto do colexio Xesús Ferro Couselo, onde se desenvolveron diferentes actividades culturais e lúdicas, así coma un xantar de confraternidade que propiciou reencontros e momentos de fraternidade e conversas.

O programa de actos deu comezo á unha do mediodía cun concerto da Banda de Música Municipal de Valga, dirixida por Manuel Villar Touceda, que ofreceu un repertorio de case unha hora que os asistentes aplaudiron e co que botaron os primeiros bailes do día. A continuación celebrouse o xantar, cun menú composto por empanada, langostinos, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa e café.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o seu equipo de goberno acompañaron aos maiores no seu día, así coma o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta, Perfecto Rodríguez, que non quixo perderse esta celebración tan especial e importante para o colectivo da terceira idade, xa que promove o envellecemento activo e fomenta as relacións sociais. Entre as autoridades estivo tamén o ex alcalde de Valga, Daniel Barreiro.

Bello Maneiro sinalou que “é obrigado pola nosa parte organizar esta xornada porque os nosos maiores, pais e avós, loitaron moito en momentos difíciles para que nós teñamos o que temos hoxe. Ademais, para moitos veciños do noso concello non é tan doado verse durante o ano porque dende Martores ata Vilar, Casal de Eirigo ou Cerneira hai moitos quilómetros e non adoitan a verse. Por iso hoxe é un día de reencontros, no que poden conversar e cambiar impresións”. O rexedor destacou que esta edición da festa é a máis multitudinaria de todas cantas se levan celebrado. “Batimos todos os récords con máis de 580 persoas”.

Pola súa parte, o xerente do Consorio felicitou ao Concello pola organización deste encontro, xa que “é importantísimo recoñecer todo o que teñen feito os nosos maiores por nós. A calidade de vida que temos hoxe en día debémoslla ao que traballaron eles”. Perfecto Rodríguez engadiu que “o Concello sempre vai ter a colaboración da Xunta para seguir mellorando a calidade de vida dos maiores, que tanto o merecen”.

Tralo xantar, tivo lugar un sorteo de máis de 200 agasallos doados por casas comerciais, asociacións e outras entidades de Valga e de municipios da contorna. Ademais, o alcalde, o xerente do Consorcio e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, homenaxearon e entregaron un agasallo aos veciños de máis idade que asistiron á festa: Ramón Magariños Gil, das Cernadas (Setecoros) e María Rey Blanco, de Parafita (Xanza), ambos con 95 anos.

Para pechar a xornada, celebrouse un baile a cargo do cantante José Manuel, da orquestra Abanico.

Maiores24 2 Maiores24 3

Maiores24 4 Maiores24 5

Maiores24 6 Maiores24 7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver