- Divididos en dous grupos, realizaron o percorrido de ida e volta entre o Auditorio e o Miradoiro da Perdiz
- A vindeira semana o destino será a praia de Vilarello, cunha ruta circular de seis quilómetros
Valga, 17 de maio de 2024.
As andainas organizadas como parte do curso de autocoidado e relaxación contaron esta semana, a primeira na que se realizan, cunha vintena de participantes que percorreron o traxecto de ida e volta entre o Auditorio e o Miradoiro da Perdiz, en Vilar. Fixerono dividídos en dous grupos, un que realizou a camiñada o luns pola tarde e outro que saiu a andar onte xoves pola mañá. A saída tomárona no Auditorio Municipal e, dende alí, desprazáronse ata o miradoiro, dende o que contemplaron as fermosas vistas da aldea e da ribeira do Ulla.
A vindeira semana o destino será a praia fluvial de Vilarello, cunha ruta circular duns seis quilómetros de lonxitude. De novo haberá dúas saídas: o luns pola tarde e o xoves pola mañá.
A proposta de realizar estas andainas xurdeu nas primeiras sesións do curso de autocoidado e relaxación que organizou o Concello para promoer os hábitos de vida saudables, a realización de actividade física e a xestión das emocións, entre outras cuestións Os participantes propuxeron como unha das actividades a realización de andainas, ás que tamén se sumaron outros veciños que non estaban inscritos no curso.