Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e a concelleira de Educación participaron nas actividades culturais

- No transcurso dos actos fíxose entrega dos premios do concurso de microrrelatos convocado polo Concello

Letras24 1

Valga, 16 de maio de 2024.
Estudantes dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo e do IES de Valga festexaron hoxe conxuntamente o día da nosa lingua cunha serie de actividades culturais que se celebraron nas instalacións do instituto e que tiveron como protagonista á escritora Luisa Villalta, homenaxeada nesta edición das Letras Galegas.

Os alumnos dos tres centros formaron equipos conxuntos para participar nunha xincana literaria centrada na figura da autora coruñesa, na que tiñan que facer probas coma un crebacabezas, un collage e completar un poema. A competición tamén incluíu actividades deportivas e xogos coma o pano ou a comba, que se realizaron no ximnasio.

A continuación, o estudantado reuniuse no patio cuberto do IES, onde tivo lugar un acto literario e musical, ao que asistiron, en representación do Concello, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez. Tamén estiveron os técnicos municipais de Normalización Lingüística e de Cultura, Tamara Cerneira e Santiago Chenlo, para facer entrega dos premios do concurso de microrrelatos que convocou o Concello para conmemorar o Día das Letras.

Na primeira categoría (1º e 2º de ESO) o primeiro premio foi para Isaac Barros Blanco e o segundo para Antía Torres Hermo. Na segunda categoría (3º E 4º de ESO) o vencedor foi Raúl Ferreira Godón e en segundo lugar clasificouse Lía Rodríguez Santiago.

Letras24 2 Letras24 3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver