Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Cincuenta estudantes do IES de Valga participaron no certame, convocado polo Servizo de Normalización Lingüística

- Os premios entregaranse mañá durante un acto poético e musical no instituto

XuradoMicrorrelatos1

Valga, 15 de maio de 2024.

O Concurso de Microrrelatos organizado polo Servizo municipal de Normalización Lingüística con motivo da celebración do Día das Letras Galegas xa ten gañadores. O xurado reuniuse esta mañá para valorar os 50 textos que alumnos de Secundaria do IES de Valga presentaron ao certame.

Na primeira categoría, dirixida a alumnado de 1º e 2º da ESO, o gañador foi Isaac Barros Blanco, de Pontecesures, co relato “Quérote... por que me odias?”, mentres que o segundo posto recaeu en Antía Torres Hermo, de Castiñeiras (Cordeiro) con “A volta de Carlos”. Estes premios están dotados con 60 e 30 euros, respectivamente. Nesta categoría as obras, ademais de estar redactadas en galego, debían ter unha extensión de entre 250 e 350 palabras, con temática será libre, pero tendo como protagonista a algún personaxe das obras dalgún dos autores homenaxeados no Día das Letras Galegas dende a súa instauración.

Na segunda categoría, na que podían participar alumnos de 3º e 4º de ESO, o 1º premio de 80 euros é para Raúl Ferreira Godón, de Catoira, que presentou o microrrelato “Desgarrando a Néboa”. A segunda obra máis valorada foi “Breogán”, escrita pola valguesa Lía Rodríguez Santiago, que levará unha gratificación de 40 euros. Nesta categoría, os relatos debían ter unha extensión entre 350 e 500 palabras e ser o protagonista algún personaxe da mitoloxía galega

Os premios entregaranse mañá durante un acto poético e musical que se celebrará no IES para conmemorar o Día das Letras Galega.

O xurado que avaliou os microrrelatos presentados estivo integrado por Pedro Calvo, concelleiro de Cultura e Xuventude; Tamara Cerneira, técnica de Normalización Lingüística; Santiago Chenlo, técnico do departamento de Cultura; e Beatriz Fernández, responsable das bibliotecas municipais.

XuradoMicrorrelatos2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver