Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O certame contou este ano con 32 participantes de localidades coma Valga, Pontecesures, Ponteceso, Rois, Ordes e Padrón

- O público ateigou o Auditorio Municipal para divertirse con algúns dos temas máis coñecidos do festival europeo da canción

Festivalga24 1

Valga, 10 de maio de 2024.
O que comezou sendo unha alternativa para animar ás familias na pandemia, tense convertido nunha das actividades educativas máis exitosas de Valga e canteira de eurofans. É o Festivalga Eurovisión, que nesta edición volveu a bater o seu récord de participación con trinta e dúas actuacións de centros de ensinanza e familias locais, pero tamén doutras localidades coma Padrón, Pontecesures, Ponteceso, Rois ou Ordes.

O público ateigou o Auditorio Municipal para asistir á gala final do certame. O alumnado e profesorado das seis escolas do CRA, organizador do evento, e do colexio Xesús Ferro Couselo, moitas familias e usuarios do CODI e do Centro de Día gozaron coas interpretacións dos temas de Eurovisión, Eurojunior e das súas preseleccións. Algunhas das actuacións non desmereceron en nada ás orixinais, con postas en escena moi traballadas. “Nochentera”, de Vicco, desbancou a María Isabel e o seu “Antes muerta que sencilla” como canción máis imitada. Pero tamén se escoitaron temas de Peret, Azúcar Moreno, Pastora Soler, Daniel Diges, Miki Núñez, Chanel ou Chiquilicuatre. No ámbito internacional, soaron cancións que representaron en Eurovisión a países coma Grecia, Rusia, Croacia, Letonia, Reino Unido, Italia ou Estonia, entre outros.

Durante a gala, presentada por Antía Piñeiro e Samai Rosales, directora e secretaria do CRA de Valga, proxectáronse os vídeos enviados por todos os participantes, pero tamén houbo actuacións en directo por parte do alumnado do CRA. Os nenos de Campaña interpretaron “Zari” (Marina Satti – Grecia, Eurovisión 2024); os de Chenlo elixiron “La Venda” (Miki Núñez, Eurovisión 2019); e os de Ferreirós cantaron e bailaron con "Rim Tim Tagi Dim", coa que Croacia participa este ano en Eurovisión. Os rapaces do Forno escenificaron “Do it my way” (Yan Girls – Armenia, Eurojunior 2023); o alumnado de Vilarello imitou a Joost Klein coa canción “Europapa”, coa que Países Baixos compite mañá en Suecia e, por último, os nenos de Xanza elixiron “Loviu” (Sandra Valero, Eurojunior 2023).

A continuación entregáronse os premios aos gañadores nas diferentes categorías, que foron:

Individual Infantil:
• Brais Álvarez: “Nochentera” (Vicco, Benidorm Fest 2023)
• Izan: “Señorita” (Carlos Higes, Eurojunior 2022)
• Mael Romero: “Algo pequeñito” (Daniel Diges, Eurovisión 2010)
• Yanira Güimil: “Nochentera” (Vicco, Benidorm Fest 2023)
• Zeltia Romero: “Amor de verano” (Marlena, Benidorm Fest 2024)
• Zoe Jamardo: “Antes muerta que sencilla” (María Isabel, Eurjunior 2004)

Individual Primaria:
• Noel Jamardo: “Cha Cha Cha” (Käärijä – Finlandia, Eurovisión 2023)
• Martina Mouriño: “Quédate conmigo” (Pastora Soler, Eurovisión 2012)
• Martín Morgade: “Te traigo flores” (Antonio José, Eurojunior 2005)

Parellas:
• María e Antía Ares: “Nochentera” (Vicco, Benidorm Fest 2023)
• Sandra e Noa: “SloMo” (Chanel, Eurovisión 2022)

Tríos:
• Martina, Diego e Pedro: “Wolves of the sea” (Pirates of the sea - Letonia, Eurovisión 2008)
• Daniela, Breixo e Hugo: “La canción del Colacao” (3+2, Eurojunior 2004)

Familias:
• Familias e alumnado da escola do Forno: “Nochentera” (Vicco, Benidorm Fest 2023)
• Familia de Álex García: “Uno” (Little Big – Rusia, Eurovisión 2020)
• Familia de Icía Mariño: “Loviu” (Sandra Valero, Eurojunior 2023)

Grupos Infantil:
• Escola de Pazos do CRA Nosa Señora do Faro: “Calle de la llorería” (Rayden, Benidorm Fest 2022)
• CEIP Mesón do Vento - Ordes: “Opa” (Giorgos Alkaios & Friends - Grecia, Eurovisión 2010)
• Escola de Mens do CRA Nosa Señora do Faro: “Bandido” (Azúcar Moreno, Eurovisión 1990)

Grupos Primaria:
• Antía, Sara, Daniela e Xaime: “El baile del Chiqui Chiqui (Rodolfo Chikilicuatre, Eurovisión 2008)
• CEIP Pumar de Urdilde (Rois): “La Noia” (Angelina Mango - Italia, Eurovisión 2024)

Grupos Adultos:
• CODI de Valga: “Que me quinten lo bailao” (Lucía Pérez, Eurovisión 2011)
• Profesorado do CEP Xesús Ferro Couselo: “Canta y sé feliz” (Peret, Eurovisión 1974)

Escolas do CRA de Valga:
• Escola de Campaña: “Zari” (Marina Satti – Grecia, Eurovisión 2024)
• Escola de Chenlo: “La Venda” (Miki Núñez, Eurovisión 2019)
• Escola de Ferreirós: "Rim Tim Tagi Dim" (Baby Lasagna – Croacia, Eurovisión 2024)
• Escola de Forno: “Do it my way” (Yan Girls – Armenia, Eurojunior 2023)
• Escola de Vilarello: “Europapa” (Joost Klein – Países Baixos, Eurovisión 2024)
• Escola de Xanza: “Loviu” (Sandra Valero, Eurojunior 2023)

Para poñer o punto e final á gala, profesorado do CRA de Valga interpretou “Dancing Lasha Tumbai”, canción coa que Verka Serduchka acadou o segundo posto para Ucraína no festival de Eurovisión de 2007.

Festivalga24 2 Festivalga24 3

Festivalga24 4 Festivalga24 5

Volver