- Terá lugar o vindeiro xoves, 10 de maio, a partir das 20 horas na biblioteca do centro
- Está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte os Servizos Sociais do Concello, os centros educativos de Valga e as Anpas
Valga, 8 de maio de 2018.
O CEP Xesús Ferro Couselo acolle o vindeiro xoves, 10 de maio, a charla “Ciberacoso: novas tecnoloxías e internet”, dirixida a pais e familias do alumnado, tanto deste colexio como do resto de centros educativos do municipio. Terá lugar ás 20 horas na biblioteca e será impartida por David Cereijo Graña, cooperante do Instituto Nacional de Ciberseguridade.
A charla-coloquio enmárcanse no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos de Valga e na súa contorna. Está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte o departamento de Servizos Sociais do Concello, o IES de Valga, o CEIP Baño-Xanza, o CEP Xesús Ferro Couselo e as súas respectivas asociacións de pais de alumnos.