Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade dará comezo ás 11:00 horas, con entrada libre para todo tipo de públicos

- Falarán sobre como seguir unha dieta equilibrada e sobre o etiquetado dos alimentos

NutriciónWeb

Valga, 8 de maio de 2024.

O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro martes, 14 de maio, unha charla divulgativa sobre alimentación saudable a cargo de dous profesionais do Centro de Saúde de Valga: a nutricionista Alejandra Martínez, e o médico de familia José Manuel Fernández.

A conferencia está dirixida a todo tipo de públicos e explicaranse pautas para seguir unha dieta equilibrada e hábitos alimenticios saudables. Tamén se tratarán a obesidade e a súa relación co consumo de determinados alimentos.

Os profesionais sanitarios falarán, así mesmo, sobre a diferencia entre os alimentos procesados e ultraprocesados e explicarán cuestións relativas ao etiquetado nutricional: como interpretar a información que aparece na embalaxe dos diferentes produtos e os parámetros aos que deben prestar especial atención os consumidores á hora de elixir que produtos adquirir e consumir.

A charla dará comezo ás 11:00 horas, con entrada libre e gratuíta e sen que sexa necesaria inscrición previa. A súa duración aproximada será dunha hora.

Charla Nutrición

Volver