Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As camiñadas terán lugar os luns pola tarde e os xoves pola mañá

- As persoas que non asisten ao curso pero sí queren participar nas rutas deben cubrir unha folla de inscrición

CamiñadasWeb

Valga, 7 de maio de 2024.

O curso de autocoidado e relaxación, que esta semana deu comezo no Auditorio Municipal coa participación de máis dunha vintena de persoas, complementarase a partir de mediados de mes coa realización de andainas por distintas zonas do concello.

Esta foi unha das propostas que realizaron os inscritos durante o acto de presentación, cando se lles propuxo que plantexaran actividades do seu interese relacionadas coa temática do obradoiro, centrado en cuestións coma os hábitos de vida saudables, a realización de actividade física e a xestión das emocións, entre outras.

As camiñadas celebraranse os luns de 18:00 a 19:30 horas e os xoves de 10:00 a 11:30 a partir da vindeira semana. Comezarase con rutas curtas, duns 5 ou 6 quilómetros, para unha mellor adaptación de todos os participantes e, pouco a pouco, irase incrementando a lonxitude e a intensidade. Visitaranse espazos coma o Miradoiro da Perdiz, en Vilar, a praia fluvial de Vilarello, ou as fervenzas.

Estas andainas están abertas á participación de calquera persoa, aínda que non estea inscrita no obradoiro de autocoidado. Neste último caso, será necesario cubrir unha folla de inscrición que pode descargarse na páxina web municipal ou recollerse nas oficinas municipais. Entregarase no rexistro ou enviarase por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O prazo de inscrición estará aberto ata as 14:30 horas do luns día 13.

Folla de inscrición

Camiñadas

Volver