Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizou a ilustración titulada “ST”, sobre o empoderamento da muller

- Asistiron o alcalde, a concelleira de Benestar Social e a deputada provincial de Igualdade

graf1

Valga, 7 de maio de 2018.

A grafiteira Minia Regos protagonizou esta mañá unha acción artística reivindicativa da igualdade de xénero e en contra da violencia machista dentro do programa “Violencia Zero” da Deputación Provincial.

Coa participación de arredor de douscentos estudantes do IES e Valga e dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, Minia Regos pintou sobre un dos muros do campo de fútbol de Baño un graffiti que leva por título “ST” e co que tratou de reflectir as dificultades que ten que afrontar a muller na procura do seu empoderamento.

A actividade contou coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, a deputada provincial de Igualdade, Isaura Abelairas, ademais doutros representantes da Corporación municipal. O rexedor destacou o apoio que o Concello dá a calquera iniciativa vencellada á árte e, fundamentalmente, ás relacionadas coa igualdade de xénero e desexou que a experiencia desta mañá resulte do máis enriquecedora para os rapaces que asistiron.

"Parécenme iniciativas interesantes todas aquelas que conciencien aos cativos sobre a violencia cero, e que mellor que os rapaces dos colexios e do IES para levala a cabo. Este tipo de actividades contarán sempre co apoio do Concello de Valga, e máis agora que está tan recente a polémica sobre a sentenza da Manada, un tema que se dá a entender neste graffiti", dixo Bello Maneiro.

graf3 graf4 graf5 g1 g2

Volver