Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Haberá actuacións musicais, inchables para os cativos, xogos populares e un espectáculo de maxia

- O pago para participar na comida pode realizarse en conta bancaria ou a través de bizum

25AnivRadioBanda

Valga, 26 de abril de 2024.

A Radio Municipal e a Banda Municipal de Música están de celebración. Cúmprense vinte e cinco anos dende a súa fundación e van a festexalo cunha xornada chea de actividades gastronómicas, culturais e lúdicas. Será o vindeiro 17 de maio, no Parque Irmáns Dios Mosquera.

A programación arrancará ás 13:00 horas, cun concerto da Banda Municipal, e a continuación celebrarase un xantar popular cun menú composto por polbo, churrasco, sobremesa e café. Para participar neste xantar é preciso facer previamente o pago na conta bancaria de Abanca ES97 2080 5447 1230 4010 3378 ou a través de Bizum ao número 606 237 654. O prezo é de 3 euros para nenos de ata 9 anos, 15 euros para mozos de 10 a 15 anos, e 37 euros para persoas maiores de 16 anos. O ingreso farase individualmente indicando o nome e apelidos.

Trala comida continuarán as actividades para todos os públicos. Haberá unha festa infantil con inchables, un espectáculo de maxia e ilusionismo do Mago Noel, xogos populares e as actuacións do Dúo Reflejos e a Orquestra Capitol. O DJ Matrek será o encargado de pechar a xornada festiva.

A entrada a todas estas actuacións é libre e gratuíta para todas as persoas que queiran asistir.AniversarioBandaRadio

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver