Nas inmediacións da Capela da Saúde celébrase o vindeiro 18 de maio a décimo terceira edición da recreación da Batalla de Casal de Eirigo, organizada pola asociación Heroes de Casal de Eirigo, coa colaboración do Concello.
PROGRAMA DE ACTOS:
- 17:00 horas: Desfile de tropas, recepción de alarmas e actos conmemorativos.
- 18:00 horas: Recreación da Batalla, coas tropas dirixidas polo actor Suso Martínez, xunto a Daniel Lindh e a actuación de Manoele de Felisa.
Participarán alarmas chegadas dende Vigo, Mos e Pontesampaio.
- 19:00 horas. Actuación do grupo musical Festicultores Troupe.
- 21:00 horas: Actuación de Dj Maxi, con tirada de fogos artificiais e reparto de churrasco e rosquillas entre os asistentes.