Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os operarios da empresa adxudicataria actuaron nestes días en Desabanda, Parafita e As Eiras

- As melloras, que chegarán ás cinco parroquias, perseguen reforzar a seguridade viaria

PavimentacionEiras1

Valga, 17 de abril de 2024.

Coa chegada do tempo solleiro, nos últimos días retomáronse as obras de pavimentación de estradas e camiños municipais. As brigadas da empresa adxudicataria, Construcións, Obras e Viais S.A., estiveron estes días traballando en zonas coma Desabanda, Outeiro, As Eiras ou Parafita, pero as melloras chegarán ás cinco parroquias co acondicionamento dun total de doce vías: Outeiro-As Eiras, Carballiño-A Torre, Desabanda, Martores-Parafita-O Pino, A Medela, Cerneira, Carballiño, Torre-Souto, Loncras, Cernadas, Tarroeira e fronte ao Belén Artesanal.

Trátase de estradas que, debido a inclemencias do tempo e ao seu uso, se atopaban en condicións deficientes para a circulación, de aí que o goberno municipal proxectara a súa reparación co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e ofrecer un servizo axeitado aos usuarios, tanto vehículos coma peóns.

Os traballos que se levan a cabo inclúen a limpeza de marxes e apertura de cunetas, a pavimentación con mestura bituminosa en quente e o realce ata a cota do pavimento e das tapas de rexistro. En total estanse a investir 252.176’81 do Plan Concellos da Deputación Provincial correspondente ao ano 2023.

PavimentacionParafita1 PavimentacionEiras2

EnsancheOuteiro

Volver