Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O piso da zona, que pasará a ter prioridade peonil, combina pequenas lastras con lousas de granito

- Renováronse as canalizacións, soterráronse os servizos e colocarase nova iluminación

PSouto1

Valga, 16 de abril de 2024.  

As obras de acondicionamento da Praza do Souto, que executa a empresa Covsa en Pontevalga, afrontan a súa última fase coa colocación do pavimento.

O renovado piso, cuxa instalación arrancou esta semana, combina dous tipos de empedrado: nunhas zonas lastras de pequeno tamaño e noutras lousas de granito, que substitúen ao anterior asfalto. Con esta nova imaxe, preténdese poñer en valor este espazo, favorecendo o seu uso por parte dos veciños e reforzando a súa conexión cos equipamentos e espazos anexos, coma o Edificio de Usos Administrativos e a Praza Manuel Vicente Cousiño.

A zona pasará a ter prioridade peonil, limitando o paso de vehículos a residentes.

Neste proxecto de humanización estanse a investir 240.330 euros, aportados pola Xunta de Galicia. Actualizáronse as instalacións de recollida de augas pluviais e saneamento e soterráronse as líñas aéreas de servizos.

Tamén está previsto instalar nova iluminación e outro mobiliario.

PSouto2 PSouto3

Volver