A mostra "Pintando as nosas letras" pode verse no Auditorio ata o vindeiro 17 de maio


- As obras realizáronas nas clases de expresión artística que imparte Ángeles Garrido

IMG 20180430 WA0000

Valga, 3 de maio de 2018.

Os maiores que participan nas sesións de expresión artística do Campus Sénior, impartidas por Ángeles Garrido, expoñen dende comezos de mes no Auditorio Municipal os traballos de pintura e manualidades que realizaron durante o curso.

"Eles pintan e traballan no que lles gusta e co que lles motiva", explica a mestra. Deste xeito, na mostra poden verse dende lenzos a tabliñas, de bodegóns a paisaxes, pasando por algún retrato e obras figurativas. No tocante ás manualidades, teñen como base a reciclaxe de materiais (botellas, tellas ou lámpadas) que despois empregan para compoñer as obras. Un exemplo que pode verse na exposición é un Belén creación de Paco Oubiña a base de tellas.

A mostra "Pintando as nosas letras" inclúe, por último, un retrato da autora homenaxeada no Día das Letras Gallegas, María Victoria Moreno, feito entre todos os participantes. Pode verse na sala de exposicións do Auditorio ata o vindeiro 17 de maio.

O Campus Sénior é un programa promovido pola Concellería de Benestar Social. Diríxese a persoas maiores de 65 anos, ás que axuda a mellorar a súa autoestima e a acadar unha maior satisfacción persoal.

As sesións de pintura, en concreto, contribúen a que os participantes traballen tamén outros aspectos como a memoria e a psicomotricidade. Son alumnos "moi agradecidos. Por pouco que fagan, para eles é moito porque nunca antes se adicaran á pintura nin a tiveran como afección", indica Ángeles Garrido. E non só o fan ben, engade, senón que "se implican ao máximo. Eu disfruto moito impartíndolles clases".

 

campussenior

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton bella otero

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver