Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os cadros e debuxos poden verse no Auditorio Municipal durante este mes de abril

- Oito aprendices, que teñen como mestra a Ángeles Garrido, aportan obras á exposición

PinceisLapis1

Valga, 9 de abril de 2024.

“Entre pinceis e lapis” é a exposición que pode verse no Auditorio Municipal dende a pasada semana e ten como protagonistas a un grupo de nenos e mozos que asisten ás clases de pintura da asociación Adeval, con Ángeles Garrido como mostra.

Os artistas noveis que forman parte da mostra colectiva son Andrea Pérez, Andrea Pazos, Isabel Catoira, Marcos Barros, Sandra López, Pablo Barros, Nerea Abuín e Martina Balado. As obras que aportan son, na súa maioría pictóricas e de xéneros diversos: retratos, paisaxes, bodegóns. Pero tamén poden verse algúns debuxos realizados con lapis, de aí o nome da exposición.

Esta permanecerá no Auditorio durante todo o mes de abril.

PinceisLapis2 PinceisLapis3

Volver