Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, organizada polo CIM para conmemorar o 8-M tivera que aprazarse hai unhas semanas por chuvia

- A ruta, de dificultade media-baixa, saiu do CODI e pasou por zonas coma o parque Dios Mosquera, San Miguel, a Ponte do Souto ou a Mina Mercedes

RutaIgualdade1

Valga, 8 de abril de 2024.

A andaina “Camiñamos pola igualdade” reuniu onte a 105 persoas que realizaron un percorrido de quince quilómetros entre os concellos de Valga e Pontecesures.

O punto de saída da camiñada foi o CODI, en Baño, e dende alí os participantes dirixíronse pola senda do Carballiño cara a Pontevalga para atravesar o Parque Irmáns Dios Mosquera e continuar en dirección a San Miguel. Alí enlazaron co trazado do Camiño Portugués en dirección a Pontecesures. Na prazuela do concello veciño estableceuse un punto de avituallamento e, despois, retomouse o percorrido pola beira do río Ulla cara A Devesa. A última parte da ruta, de dificultade media-baixa, discorreu pola Ponte do Souto e o lavadoiro, Campaña, a Mina Mercedes e de regreso cara o CODI polo Carballiño.

Esta actividade, organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) que presta servizo tanto a Valga como a Pontecesures, formaba parte da programación conmemorativa do Día Internacional da Muller, pero tivo que aprazarse no seu día debido ás inclemencias meteorolóxicas.

RutaIgualdade2 RutaIgualdade3

Volver