Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O contrato, cunha duración inicial de 2 anos, entrará en vigor a comezos de abril

- O bar abrirá en horario de mañá e tarde e complementarase coas actividades, que terán descontos para empadroados en Valga

FirmaBarVilarello1

Valga, 26 de marzo de 2024.

A empresa Pekexogo Animación e Ocio é a nova adxudicataria da cafetería da praia fluvial de Vilarello por un período inicial de dous anos, con posibilidade de prórrogas ata un máximo de catro. O contrato, que foi asinado onte polo alcalde, José María Bello Maneiro, e o responsable da empresa, Senén Cortizo, entrará en vigor a comezos do mes de abril.

Segundo recolle o proxecto de explotación presentado, Pekexogo levará a cabo diversos traballos de acondicionamento e posta a punto do local e dotarao de equipamento antes da apertura. O servizo de bar funcionará en horario de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00.

Pekexogo, que conta con experiencia no sector das actividades multiaventura, campamentos e eventos de animación, propón, ademais, complementar o servizo de hostalaría con diferentes actividades turísticas, culturais e deportivas, poñendo en valor a zona fluvial de Vilarello e a súa contorna para atraer tanto a veciños de Valga coma a visitantes.

Hai ter en conta que a cafetería atópase nun enclave privilexiado, á beira do río Ulla e próximo a lugares de interese histórico, paisaxístico e cultural que poden supoñer un reclamo. Estas actividades terían, segundo propón o adxudicatario, un 20% de desconto para as persoas empadroadas en Valga.

Volver