- O xurado valorou, ademais da calidade, a presenza dunha figura feminina na súa ilustración
- Samuel Rial Maneiro e Xoel Seco Garcia recibirán vales para material escolar como segundo e terceiro clasificados
Valga, 2 de maio de 2018.
A nena Irene Sanmarco Miguéns, de 11 anos de idade e veciña de Baño, proclamouse gañadora do concurso de debuxo para elixir o cartel anunciador da Recreación da Batalla de Casaldeirigo, que se celebra o vindeiro 26 de malo.
Irene, que concorreu ao certame baixo o lema "Un pobo unido xamais será vencido", erixiu a unha muller en protagonista da súa obra, un feito que valorou especialmente o xurado, integrado por representantes do Concello e integrantes da asociación Heroes de Casaldeirigo.
Tamén tiveron moi en conta a calidade da ilustración e a capacidade creativa da autora, algo fora de toda dúbida porque Irene Sanmarco xa ten gañado outros certames de debuxo convocados polo Concello. O último, con motivo da pasada edición do Slálom Xosé Ramón Santos.
O segundo debuxo con mellor valoración por parte do xurado foi o de Samuel Rial Maneiro, de 13 anos e veciño de Vilarello, mentras que o terceiro posto recaeu en Xoel Seco García, de Pontecesures. Os tres recibirán vales de compra para material escolar.
Ao concurso, dirixido a nenos de ata 16 anos, presentáronse un total de oito debuxos.
1 Premio - Irene Sanmarco Miguéns
2 Premio - Samuel Rial Maneiro
3 Premio - Xoel Seco García