Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A agrupación, dirixida por Manuel Villar e formada por violíns, violas, violoncellos e contrabaixos, actuou acompañada polo solista James Strauss

- Alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria de Valga, Caldas, Rois e Padrón asistiu ás dúas funcións ofrecidas no Auditorio

VivaVivaldi1

Valga, 22 de marzo de 2024.

Preto de oitocentos estudantes de centros educativos de Valga, Caldas de Reis, Rois e Padrón asistiron esta mañá no Auditorio Municipal ao concerto didáctico “Viva Vivaldi”, ofrecido pola Orquestra Clásica Galega de Valga, que interpretou algunhas das obras máis afamadas do compositor veneciano, coma a sinfonía “Alla Rústica” ou as Catro Estacións.

A actividade constou de dúas funcións: a primeira con 455 alumnos de Infantil e Primaria do CRA de Valga e dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo. Na segunda, o público estivo integrado por 290 estudantes de Secundaria do IES de Valga, do CPI Os Dices (Rois), do IES Aquis Celenis (Caldas) e do IES Camilo José Cela (Padrón). A eles sumáronse tamén, 34 usuarios do CODI e do Centro de Día.

A Orquestra Clásica, fundada no ano 2021 como parte da Escola Municipal de Música, está formada por oito violíns, dúas violas, catro violoncellos e dous contrabaixos. O seu director é Manuel Villar Touceda e, nestes dous concertos didácticos, actuou acompañada polo solista brasileiro James Strauss, coa frauta traveseira. O concerto integrou, ademais, a narración de sonetos.

VivaVivaldi2 VivaVivaldi3

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver