Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Poderán aprender a utilizar un caixeiro automático distintas aplicacións para móbil ou máquinas de quendas

- As inscricións xa poden realizarse no Concello e no Auditorio

Dixitalizacionweb

Valga, 14 de marzo de 2024.

O Concello e a Fundación Amigos de Galicia organizan un curso de dixitalización para maiores no marco do programa “Mellor acompañados”, que ten como obxectivo fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores.

A actividade formativa que se impartirá en Valga achegará aos participantes ás novas tecnoloxías, pero dun xeito práctico que lles permita afrontar e resolver situacións do día a día. Por exemplo, ser capaces de desenvolverse cun caixeiro automático. Para iso, empregarase un simulador no que os maiores que asistan ao curso aprenderán a realizar transferencias, pago de recibos e outros trámites.

O teléfono móbil tamén centrará parte dos contidos do curso, explicándolles como agregar contactos na axenda, realizar vídeo chamadas, descargar aplicacións ou conectarse a unha rede wifi, entre outras accións.

Utilizar as máquinas de quendas, tan habituais en hospitais, ou a aplicación para móbil do Sergas serán outras das cuestións que se tratarán durante as sesións, que se celebrarán os días 20 e 27 de marzo e 3 e 10 de abril en dous grupos: de 9:00 a 11:00 horas no Auditorio e de 11:30 a 13:30 no CODI.

As inscricións poden realizarse tanto no Concello coma no Auditorio.

Dixitalizacion

Volver