Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Son “exemplo de que Valga ofrece oportunidades e de que paga a pena apostar polo noso concello”, sinalou o alcalde

- O manifesto do Concello con motivo do 8-M incide en que “aínda hai moitos ámbitos nos que subsiste a discriminación”

Emprendedoras1

Valga, 8 de marzo de 2024.
O Concello celebrou esta tarde o Día Internacional da Muller cunha homenaxe a trinta e cinpo emprendedoras; mulleres loitadoras, valentes e soñadoras que contan con negocio en activo en Valga e que foron e son motor económico do concello. Fixeron unha aposta polo rural, dinamizando Valga dende os sectores máis diversos e marcando o camiño para moitas outras mulleres.

Nunha data, o 8-M, que simboliza a loita pola igualdade plena de dereitos en todos os ámbitos, este grupo de mulleres representan algúns dos avances conseguidos nos últimos tempos. Moitas delas foron pioneiras e, derrubando barreiras, contribuíron e contribúen ao “desenvolvemento económico, empresarial e social de Valga, apostando polo noso concello, creando riqueza e emprego e ofrecendo servizos ao resto de veciños”, destacou o alcalde, José María Bello Maneiro.

As homenaxeadas foron:

• Ana María Castromán Casal – Bar Los Camioneros

• Alba Blanco Conde – Bar Alba

• Loli Valiño Piñeiro – Parrillada Criollo

• Nerea Mosquera Castiñeiras – Bar Pirata

• María José Amo Gómez – Cafetería Auditorio

• Silvia Pardal Bragaña – Bar Pardal

• Elizabeth Castro Fernández – Café-Bar Xa Bou

• Rosa Caamaño Méndez – Bar Couceiro

• Sandra González Raffo – Pastelería Caprichos

• Patricia Rañó Lorenzo – Bar Maneiro

• Carmen Barreira Furelos – Bar O Pontellón

• María Potel Calvo – Carnicería Potel

• Mónica Blanco Boo – Pescados Boo

• Carmen María Maza Sanmiguel – Perruquería Carmina

• María Nieves Miguéns Santos – Perruquería Mayma

• Milagros Gago Magariños– Perruquería Milagros Gago

• Nieves Sanmarco Romay - Perruquerías Albani

• Elisabet Sanmarco Blanco – Beauty Nails

• Raquel Pardal Ferro – Centro de Estética Raquel Pardal

• Felicia Fernández González – Farmacia Felicia Fernández González

• Vanesa Regueira Prego – Farmacia Vanesa Regueira Prego

• Iria Varela Río – Upendi Centro Integral

• Cándida Rodríguez Ferro – Valsaude Carofe

• Mónica Pardal García – Mercería Aurelia

• Mónica Porta Diz – Miss Puntadas

• Susana Rodríguez Rodríguez – Íntimo Fogar

• Esther López Martínez e Mª Eugenia Lorenzo López – Modas Esther

• Sonia Paz Rey – Gómez Paz Moda

• Mª Carmen Magariños Frieiro – Seguros Touceda

• Mª Jesús González Mondragón, Sandra Otero Sanmiguel e Mª José Velo Bello – Valga Consultoría Técnica

• Ángeles Carbajal Neira – Floristería Ángeles

• Mª Jesús Rey Gens – Servizos e Producións Villar Rey e Galival Music

Todas elas asinaron no Libro das Mulleres e recibiron do alcalde, José María Bello Maneiro, e da concelleira Carmen Gómez, unha insignia e un agasallo.

O rexedor lembrou, ademais, que elas son só unha representación de mulleres con iniciativa, xa sexa como autónomas ou empresarias, pero “hai moitas máis que por diferentes motivos hoxe non están aquí. Para elas tamén o noso recoñecemento, agardando que as novas xeracións vexan en elas a demostración de que Valga ofrece opotunidades e que paga a pena apostar polo noso concello”.

Milagros Gago interveu en representación de todas as homenaxeadas. #”Ser emprendedora non é doado. Non podes enfermar, non podes coller unha baixa e pérdeste moitas cousas coa familia”, sinalou para enxalzar o papel de todas elas.

Durante o acto, a responsable do CIM, Lorena Núñez, deu lectura ao manifesto municipal: “Este debe ser un día de celebración por todo o avanzado e conseguido en materia de igualdade, pero tamén unha xornada para concienciarnos de que estamos ante unha loita inacabada, posto que aínda hai moitos ámbitos nos que subsiste a discriminación”, sinalou.

A frautista Yassmín Desiree, alumna do Centro Superior de Música, acompañada ao piano pola mestra Paula Gago, puxo a nota musical durante a homenaxe.

Emprendedoras2 Emprendedoras3

Volver