- O alcalde, José María Bello Maneiro, inaugurou esta mañá a exposición, que pode verse no Auditorio
- A maioría de obras son pinturas, pero tamén poden verse traballos feitos en cristal ou tella
Valga, 7 de marzo de 2024.
No marco das conmemoracións do Día Internacional da Muller, o Auditorio Municipal acolle durante o mes de marzo a exposición “Artistas valguesas”, unha mostra colectiva e multidisciplinar na que participan mulleres do concello que se adican á arte, tanto a nivel afeccionado coma profesional.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez, Pedro Calvo e Malena Isorna inauguraron esta mañá a exposición, na que participan máis dunha vintena de artistas locais ou que forman parte de asociación e entidades valguesas. Ángeles Garrido, Carmen Souto, Carmen Vejo, Carmen Gontad, Carmen García, Mónica, Loli Fuentes, Elena Nogueira, Rosa Crespo, Isabel Rita Catoira, Andrea Pazos, Esther Paz, Esther Pérez, Tina Frecha, Lissette Carolina Ballesteros, Manuela Eiras Senín, Josefa Cortés, Mª Jose Castiñeiras, Sonia Carbia Torres, Mª Jesús Mosteiro Sánchez, Mónica Esperón Guerra, Mª José Losas Rey e Nerea Abuín.
As obras que poden verse na mostra son, na súa maioría, pinturas de diferentes estilos e técnicas, moitas delas coa muller como protagonista, pero tamén tamén se inclúen outros traballos feitos, por exemplo, con cristal ou tella.
“Estamos orgullosos de vós e agradecémosvos que nos permitades ver algunhas das vosas obras nesta exposición. Todos os valgueses gozaremos véndoa, e vós comprobando como o voso traballo é recoñecido”, díxolles o alcalde ás participantes.