Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O prazo para tramitar as novas admisións prolongarase entre o 16 e o 31 de marzo

- No centro poden matricularse nenos de entre 3 meses e 3 anos de idade

EscolaInfantilfachada

Valga, 6 de marzo de 2024.

A Escola Infantil Municipal de Valga abrirá entre os días 16 e 31 de marzo o prazo de matrícula para novos alumnos para o curso 2024/2025.

As familias teñen que cubrir un formulario que poden descargar na páxina web do Concello, na Sede Electrónica municipal ou solicitar no departamento de Servizos Sociais. Nel deben indicar os datos do alumno e dos demais membros da unidade familiar, así coma os servizos que se solicitan (tipo de xornada, horario e comedor, de ser o caso).

Ademais, deben presentar a seguinte documentación:

  • Libro de Familia onde apareza o alumno para o que se solicita o ingreso.
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Pasaporte dos pais ou titores.
  • Certificado de empadroamento ou convivencia da unidade familiar expedido polo Concello.
  • No caso de separación, divorcio e nulidade matrimonial, acreditación de dita circunstancia, con expresión do réxime de visitas.
  • Unha fotocopia da última nómina de cada un dos membros da unidade familiar en activo. No caso de traballadores autónomos, presentarase o xustificante do último ingreso a conta trimestral presentado.

No caso de que un ou varios dos membros da unidade familiar non teñan ocupación laboral, presentarán unha certificación do INEM, ou do organismo autonómico correspondente, que acredite a situación de desemprego ou de percepción, ou non, de prestacións por aquel concepto.

  • No caso de persoas que tivesen presentada a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF):
  1. Unha copia da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas da unidade familiar. En caso de declaración individuais, presentarán unha copia da declaración de cada membro da unidade familiar obrigado a declarar.
  2. Os solicitantes da devolución rápida presentarán unha copia da comunicación que lles remitira a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en aplicación da normativa tributaria reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
  • No caso de persoas que non tivesen presentada a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, certificación dos datos existentes na administración, que expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
  • Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptibles de puntuación.

Unha vez rematado o prazo de presentación, as solicitudes serán avaliadas pola Comisión de Baremación.

Na Escola Infantil Municipal poden matricularse nenos de 3 meses a 3 anos de idade.

ESCOLA INFANTIL

Volver