Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alumnado adquiriu destrezas no manexo do ordenador e tamén fixo unha aproximación á robótica

- Este módulo impartiuse nas últimas semanas na Aula CeMIT por parte da técnica responsable da mesma

InformáticaXóvenesII

Valga, 4 de marzo de 2024.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Xóvenes II recibiu nas últimas dúas semanas formación complementaria en alfabetización informática, que foi impartida na Aula CeMIT do Auditorio Municipal por parte da técnica responsable da mesma, Vanessa Losada.

O obxectivo desta formación é que os alumnos adquiran coñecementos sobre conceptos informáticos e se familiaricen cos ordenadores, acadando unhas destrezas básicas no sistema operativo e aprendendo a realizar operacións elementais, a utilizar as principais aplicacións en ofimática e a navegar por Internet. En definitiva, que sexan capaces de empregar un ordenador e as diferentes ferramentas informáticas de forma autónoma.

O emprego de procesadores de texto, realizar búsquedas na rede e a elaboración do currículum vítae foron algúns dos contidos deste módulo, no que tamén fixeron unha aproximación á robótica.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II, está a formar a dezaseis mozos de Valga e Moraña nas especialidades de albanelería e forestal. O proxecto foi subvencionado pola Xunta de Galicia e é cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

InformáticaXóvenesII 2 InformáticaXóvenesII 3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver