- Inicio
- PROGRAMACIÓN CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
- Venres, 8 de marzo, ás 16:30 horas na biblioteca de Cordeiro: Lectura compartida do conto "Cando as nenas voan alto", sobre igualdade de xénero e o empoderamento feminino.
- Venres, 8 de marzo, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal: Homenaxe a mulleres emprendedoras.
- Domingo, 10 de marzo, ás 10:00 horas: Andaina "Camiñamos pola igualdade", de 15 quilómetros de percorrido de dificultade media-baixa. Saída dende o CODI. Prazo de inscrición: ata o 7 de marzo.
- Luns, 11 e 18 de marzo: Xincanas corresponsables dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios Xesús Ferro Couselo e Baño-Xanza.
- Mércores, 13 de marzo, ás 10.30 horas no Auditorio: "Cóidome", formación sobre a promoción dos hábitos de vida saudables. Inscrición do 1 ao 11 de marzo.
- Do 4 ao 10 de marzo: Semana de portas abertas no ximnasio municipal, con acceso libre ás mulleres nas actividades de zumba e tonificación.
- "Tan distintas como marabillosas": Campaña de sensibilización sobre a igualdade de xénero no comercio e empresas locais.
- Mes de marzo no CODI: Exposición "Mulleres inspiradoras", sobre galegas destacadas en diferentes ámbitos.
- Mes de marzo no Auditorio: Exposición "Artistas valguesas", con obras de mulleres do concello.
Volver