- Os traballos, que afectan a vías das cinco parroquias, atópanse en execución
- Con estas obras preténdese reforzar a seguridade viaria, tanto para vehículos como para os peóns
Valga, 29 de febreiro de 2024.
O Concello, a través da empresa adxudicataria Covsa, está a executar obras de acondicionamento en estradas e camiños municipais das cinco parroquias. Trátase de vías que, debido ao uso ou ás inclemencias meteorolóxicas, se atopaban en condicións deficientes para a circulación, de aí que o goberno municipal proxectara a súa reparación co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e ofrecer un servizo axeitado aos usuarios, tanto vehículos coma peóns.
As actuacións levaranse a cabo nas seguintes estradas: Outeiro-As Eiras, Carballiño-A Torre, Desabanda, Martores-Parafita-O Pino, A Medela, Cerneira, Carballiño, Torre-Souto, Loncras, Cernadas, Tarroeira e fronte ao Belén Artesanal.
Os traballos que se levan a cabo inclúen a limpeza de marxes e apertura de cunetas, a pavimentación con mestura bituminosa en quente e o realce ata a cota do pavimento e das tapas de rexistro. En total estanse a investir 252.176’81 do Plan Concellos da Deputación Provincial correspondente ao ano 2023.