Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A inscrición está aberta, tanto presencialmente coma a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- O 8-M dedícase este ano ás valguesas emprendedoras e realizarase, tamén, unha exposición colectiva de artistas locais

Andaina8mWeb

Valga, 27 de febreiro de 2024.

Como parte da programación conmemorativa do Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo, o Concello e o Centro de Información á Muller (CIM) organizan, conxuntamente con Pontecesures, unha andaina aberta á participación de todos os públicos.

A actividade terá lugar o domingo 10 de marzo con saída ás 10 horas dende o CODI, en Baño. O percorrido será de quince quilómetros de dificultade media-baixa e establecerase un punto de avituallamento na Prazuela de Pontecesures.

A inscrición pode realizarse presencialmente no Concello de Valga ou no CODI e tamén por correo electrónico, descargando a folla de inscrición na páxina web municipal (www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e enviándoa cuberta ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prazo estará aberto ata o día 7 de marzo.

O Concello decidiu dedicar este ano o 8-M ás emprendedoras. Mulleres loitadoras que foron e son motor económico de Valga dende sectores coma o comercio, o turismo, a artesanía, a industria, a gandería ou a agricultura, entre outros. O acto de homenaxe terá lugar o propio día 8 de marzo ás 19:30 horas no Auditorio Municipal.

Outra das actividades será unha exposición colectiva con obras de artistas valguesas, que poderá verse no Auditorio ata finais do mes de marzo.

Andaina8m

 

Volver