Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os maiores gozaron dunha mañá de convivencia a través desta iniciativa lúdico-cultural

- Para mañá está programada outra audición á que asistirán medio cento de usuarios da asociación Lar, de Vilagarcía

CSMMaiores1

Valga, 22 de de febreiro de 2024.

Usuarios de catro centros de día –Valga, Dodro, Rois e Boiro– reuníronse esta mañá no Auditorio Municipal para asistir a unha audición a cargo do alumnado do Centro Superior de Música (CSM Galicia). Os maiores viviron unha mañá de convivencia entre eles e gozaron coas interpretacións dos músicos.

A actividade resultou enriquecedora para ambas partes. Aos maiores, este tipo de iniciativas lúdico-culturais permítenlles saír da súa rutina diaria e axúdaos a socializar, mentres que os estudantes se habitúan ás actuacións con presenza de público.

O concerto correu a cargo dun grupo de estudantes CSM baixo a dirección dos mestres Alberto Arribas, Francisco Javier Morgada, Ilona Timchenko e Isidro Vidal. Os músicos que participaron foron Carmen Fuxing Ferrer Rivas, Irene Vázquez Amarelle, Enol Hernández Fernández, Adriana Rodríguez Souto e Alejandro Vilar Piñeiro, que interpretaron temas de Bach, Debussy ou Mozart, entre outros compositores. A mestra Paula Gago foi a pianista acompañante.

Mañá está prevista unha nova actuación do CSM, neste caso coa asistencia de medio cento de usuarios da asociación Lar Pro Saúde Mental, de Vilagarcía.

CSMMaiores2 CSMMaiores3

Volver