Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas que queiran darse de alta xa poden facelo a través do teléfono 621 684 118

- A lista garante a protección de datos xa que nin os membros nin os seus números serán visibles ao resto de usuarios

ListaWhatsapp

Valga, 13 de febreiro de 2024.

O Concello de Valga, no seu interese por achegar a información municipal aos veciños, habilita un novo método de comunicación rápido e áxil a través da aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp. Trátase dunha lista de difusión a través da cal se transmitirán as novas relacionadas coa actualidade municipal, avisos, actividades culturais, bandos e calquera outra información de servizo público ou que se considere relevante.

As persoas que queiran formar parte desta lista, deben gardar na súa axenda de contactos o número de teléfono 621 684 118 e, a continuación, enviar unha mensaxe de WhatsApp coa palabra ‘ALTA’. Dende ese momento comezarán a recibir a información municipal. No caso de que algún usuario queira, posteriormente, darse de baixa, terá que enviar unha nova mensaxe coa palabra ‘BAIXA’.

A lista de difusión garante o anonimato dos seus membros, xa que nin os integrantes nin os seus números de teléfono serán visibles ao resto de usuarios.

O obxectivo do Concello é reforzar o contacto directo cos veciños e mantelos informados de todo canto acontece no municipio. Manteranse, ademais, o resto de canles de comunicación habituais, coma a web municipal, redes sociais (Facebook e Instagram) ou Radio Valga.

IMPORTANTE: Este servizo de información mediante WhatsApp é unidireccional. Este non é un número de avisos nin para realizar trámites. Para contactar co Concello deben empregarse os medios de costume: o teléfono 986 55 94 56, o correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou a sede electrónica (https://valga.sedelectronica.gal/).

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver