Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O grupo contaba con persoas procedentes de toda Galicia, dende A Coruña ata Ourense, pasando por Vigo, Santiago e outros concellos máis próximos a Valga

- Ademais de coñecer algúns dos recursos turísticos do concello, os participantes xantaron nun restaurante local

Rutea1

Valga, 23 de xaneiro de 2024.

A pasada fin de semana un grupo de sendeiristas realizaron unha visita a dous dos espazos de maior repercusión turística de Valga: as fervenzas e o Belén Artesanal.

Participaron unhas sesenta persoas do grupo de sendeirismo Rutea, guiadas por Roi Barcala. Ourense, A Coruña, Vigo, Santiago... eran algúns dos lugares de procedencia, ademais de Valga e outros concellos da contorna.

Achegáronse ata a paraxe natural das fervenzas de Parafita e Raxoi, que neste chuvioso inverno ofrecen unha imaxe de gran beleza. Percorreron o trazado entre os dous saltos de auga seguindo o cauce do río Valga, gozando da contorna natural, na que tamén destacan dous muíños de auga rehabilitados.

Despois trasladáronse ata Campaña, para ver o Belén Artesanal en Movemento, que durante o Nadal recibiu a preto de 50.000 persoas.

O nacemento aínda pode visitarse os venres e sábados de 19:00 a 20.30 horas. Ademais, os grupos poden concertar cita a través do teléfono 630 95 25 15.

Rutea2 Rutea3

Volver