Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As inscricións poden realizarse no Concello, a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e tamén o mesmo día do certame

- Ademais das distintas categorías infantís e de adultos, haberá un premio ao mellor disfrace do municipio

ENTROIDO24

Valga, 22 de xaneiro de 2024.

O concurso de Entroido, que organiza a Concellería de Cultura e que terá lugar o sàbado 17 de febreiro, repartirá 2.850 euros en premios entre os participantes, xa sexan infantís (ata 14 anos de idade) ou adultos (a partir de 15 anos). Serán un total de vinte os premios que se outorguen aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas.

O concurso celebrarase nas inmediacións do Auditorio Municipal a partir das 17:00 horas. As inscricións poderán realizarse ata o inicio do concurso, se ben é preferible que se fagan por anticipado nas oficinas do Concello (de 8:00 a 15:00 horas) ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., cubrindo e enviando a folla de inscrición.

O día do concurso os participantes deberán recoller o número de dorsal a partir das 16:00 horas e colocalo nun lugar visible para que o xurado poida velo durante o desfile.

Os premios que se establecen para cada unha das categorías son os seguintes:

INFANTÍS (ata 14 anos de idade)

  • Individual:

               - 1º Premio: 50 euros

               - 2º Premio: 40 euros

               - 3º Premio: 30 euros

               - 4º Premio: 20 euros

  • Parellas:

               - 1º Premio: 70 euros

               - 2º Premio: 40 euros

  • Grupos (de 3 a 10 membros, tendo a maioría de participantes de 0 a 14 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

               - 1º Premio: 100 euros

               - 2º Premio: 50 euros

  • Comparsas (máis de 10 membros, tendo a maioría dos participantes de 0 a 14 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

               - 1º Premio: 200 euros

               - 2º Premio: 100 euros

ADULTOS (a partir de 15 anos de idade):

  • Individual:

               - 1º Premio: 80 euros

               - 2º Premio: 40 euros

  • Parellas:

               - 1º Premio: 120 euros

               - 2º Premio: 60 euros

  • Grupos (de 3 a 10 membros, sendo a maioría dos seus membros maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

               - 1º Premio: 200 euros

               - 2º Premio: 100 euros

  • Comparsas (a partir de 10 membros, sendo a maioría dos seus membros maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

               - 1º Premio: 800 euros

               - 2º Premio: 500 euros

               - 3º Premio: 150 euros

MELLOR DISFRACE DO CONCELLO (só persoas empadroadas en Valga, ou grupos ou comparsas nos que, como mínimo, o 80% estean censados no concello):

               - Premio Único: 100 euros

* IMPORTANTE: Os grupos e comparsas que empreguen vehículos, remolques ou outras estruturas deberán contar con todos os permisos e seguros en vigor.

- Bases

- Folla de Inscrición

- Declaración responsable

CartelEntroido24

Volver