- Retiráronse a maleza e outros restos que obstaculizaban o libre discorrer das augas
- O Concello levou a cabo esta actuación para evitar novos asolagamentos na zona
Valga, 18 de xaneiro de 2024.
O Concello executou nas últimas semanas obras de acondicionamento no río Soutiño, ao seu paso polo lugar da Devesa (Campaña), co obxectivo de evitar problemas de asolagamentos durante o que queda de inverno.
Operarios municipais realizaron labores de desbroce e procederon a retirar a maleza que invadía o cauce, así coma ramas e outros restos que se acumulaban neste punto sensible debido aos arrastres. Tamén eliminaron tapóns que obstaculizaban o libre discorrer das augas. A situación xa provocara anegamentos na zona a comezos do mes de novembro.
Os traballos realizáronse no tramo comprendido entre o parque da Devesa e a vía do ferrocarril.