- A sesión terá lugar o luns 14 de maio ás 12 horas e é necesaria inscrición previa
- Explicaranse os dereitos dos consumidores en relación á contratación deste subministro
Valga, 23 de abril de 2018.
A Aula CeMIT de Valga retransmite por videoconferencia o vindeiro 14 de maio a charla “A factura do gas: dereitos dos consumidores”, promovida pola Escola Galega de Consumo e orientada a todos os públicos.
Con esta charla preténdese facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura do gas, para adoitar medidas de aforro no seu gasto e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías de gas.
A conferencia, cunha duración aproximada dunha hora, dará comezo ás 12 da mañá. Para asistir é necesario inscribirse con anterioridade. Pode facerse premendo no seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/24882 ou na Aula CeMIT de Valga, emprazada no Auditorio Municipal. O número de prazas dispoñibles é de 20.