Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Accións coma a construción de sendas peonís e ciclables ou programas contra as drogodependencias xa se veñen desenvolvendo dende hai anos

- Elaborouse un Perfil de Saúde dos veciños de Valga para coñecer os factores sobre os que é preciso incidir

CidadesSaudables1

Valga, 12 de xaneiro de 2024.

O Concello de Valga é unha das entidades que formar parte da Rede Española de Cidades Saudables e está a deseñar un plan municipal que promova o benestar da poboación integrando a perspectiva da saúde nas políticas locais, tendo en conta que factores como a planificación urbana, o transporte, a vivenda ou o medio ambiente teñen un impacto directo na saúde dos veciños.

O obxectivo é actuar sobre aqueles factores que resultan determinantes para o benestar, reducindo os negativos e fortalecendo os positivos, e desenvolvendo políticas que favorezan un estilo de vida máis saudable.

O alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira Carmen Gómez e técnicos municipais participaron esta semana nunha xuntanza na que se presentaron os primeiros resultados do traballo de campo levado a cabo para coñecer a realidade local no que á saúde se refire. Realizáronse un total de 316 enquisas a outros tantos veciños nas que se preguntaban cuestións sobre exercicio e actividade física, alimentación, sono e descanso, hixiene dental, saúde xeral e relacións sociais e soidade. Cos resultados obtidos elaborouse un Perfil de Saúde que será a base para a elaboración do Plan Municipal Cidade Saudable.

O proceso participativo tamén permitiu identificar algunhas das problemáticas principais sobre as que facer fincapé coas políticas municipais: o envellecemento e dependencia das persoas maiores, o sedentarismo, adiccións coma o tabaco, o alcohol e outras substancias ou os malos hábitos alimentarios e o sobrepeso, entre outras.

Trala reunión constituíuse o Grupo Motor para a elaboración e seguimento do Plan Municipal de Cidade Saudable e no que se establecen unha serie de compromisos para promover a saúde a través das políticas municipais e para concienciar á poboación sobre a importancia dun estilo de vida saudable. Dende o Concello xa se veñen executando nos últimos anos accións tendentes a este obxectivo, coma a construcción de sendas peonís, beirarrúas e sendas ciclables, a posta en marcha de programas de prevención das adiccións ou coa organización, en colaboración co Centro de Saúde, de charlas sobre nutrición e alimentación saudable.

PerfilSaude

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver